Gravación da súa pantalla
Pode usar a característica da gravación de pantalla para capturar vídeos do que ocorre
na pantalla do seu dispositivo. Esta característica é útil, por exemplo, cando desexe
crear tutoriais ou gravar vídeos de vostede xogando a un xogo no seu dispositivo. Os
videoclips gravados gárdanse de xeito automático en Álbum.
1
Minimizar/retomar a ventá da pantalla de gravación
2
Gravar a pantalla
3
Gravar a pantalla cando a cámara frontal está activada
4
Acceder á configuración de gravación da pantalla
5
Pechar a ventá de gravación da pantalla
23
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para gravar a súa pantalla
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que apareza unha ventá de solicitude.
2
Pulse .
3
Despois de abrir a ventá de gravación da pantalla, pulse . A función de
gravación de pantalla iníciase e se amosa un botón do temporizador.
4
Para parar a gravación, pulse o botón do temporizador e despois .
Para gravar a pantalla cando a cámara frontal está activada
1
Ao abrir a ventá de gravación da pantalla, pulse . Ábrese unha ventá que amosa
un visor para a cámara frontal.
2
Para comezar a gravar a súa pantalla e vídeo capturado pola cámara frontal,
pulse .
3
Para parar a gravación, pulse o botón do temporizador e despois .
4
Para pechar a ventá do visor da cámara frontal, pulse .
Para gravar unha foto utilizando a cámara frontal mentres está gravando a pantalla, arrastre
ao visor en miniatura para expandir a vista e logo pulse .
Para ver gravacións de pantalla recentes
•
Arrastre a barra de estado cara abaixo, entón pulse para ver as gravacións máis
recentes da súa pantalla.
Tamén pode ver as gravacións da súa pantalla na aplicación Álbums.