Localizar o número de identificación do seu dispositivo
O seu dispositivo ten un número ID (de identificación) único. No seu dispositivo este
número coñécese como IMEI (Identidade de estación móbil internacional). Debe gardar
unha copia deste número. Pode necesitala, por exemplo, cando acceda ao servizo de
atención aco cliente Xperia™ Care e teña que rexistrar o seu dispositivo. Ademais, se lle
rouban o dispositivo, algúns fornecedores de rede poden usar este número para evitar
que o dispositivo acceda á rede no seu país.
Para ver o número IMEI
1
Separe a tapa da rañura da tarxeta micro SIM.
2
Coloque unha unlla debaixo do bordo dereito ou esquerdo da bandexa da
etiqueta e arrastre a bandexa cara fóra para ver o seu número de IMEI.
Tamén pode abrir o marcador do teléfono do dispositivo e introducir
*#06#
para ver o número
IMEI.
Para ver o número EMEI a través dos axustes do dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Verbo do teléfono > Estado > Información de IMEI.
134
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.