Conectar o dispositivo a accesorios USB
Pode usar un adaptador host USB para conectar o seu dispositivo a accesorios USB
como dispositivos de almacenamento masivo USB, controladores de xogos, teclados
USB e ratos USB. Se o accesorio USB ten un conectador micro USB, o adaptador host
USB non é necesario.
Os adaptadores host USB véndense por separado. Sony non garante que o seu dispositivo
sexa compatible con todos os accesorios USB.
113
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para conectar un accesorio USB cun adaptador host USB
•
Fixe o adaptador de host USB ao seu dispositivo e despois conecte o adaptador
ao accesorio USB.
Poden requirirse pasos ou software adicionais para configurar controladores de xogos, audio
USB e accesorios Ethernet USB. Sony non garante que o seu dispositivo sexa compatible con
todos os accesorios USB.
Para acceder ao contido nun dispositivo de almacenamento masivo USB usando un
adaptador de host USB
1
Fixe o adaptador de host USB ao seu dispositivo e despois conecte o adaptador
ao dispositivo de almacenamento masivo USB.
2
Para acceder a ficheiros e cartafoles no dispositivo de almacenamento USB, use
unha aplicación de xestión de ficheiros como File Commander.
Tamén pode abrir a aplicación multimedia relevante no seu dispositivo para ver o contido
directamente. Por exemplo, pode abrir a aplicación Álbum para ver as fotos almacenadas no
dispositivo de almacenamento masivo USB.
Para desconectar un dispositivo de almacenamento masivo USB
1
Para abrir o panel de notificacións, arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse
Almacenamento USB conectado.
2
Pulse
Aceptar.
3
Desconecte o adaptador host USB do dispositivo.
Para conectar un accesorio USB cun conectador micro USB
•
Fixe o conectador micro USB do accesorio USB ao seu dispositivo.
Sony non garante que o seu dispositivo sexa compatible con todos os accesorios USB cun
conectador micro USB.