Recoñecer música con TrackID™
Use o servizo de recoñecemento de música TrackID™ para identificar unha canción
cando a escoite ao seu redor. Simplemente grave unha breve mostra da canción e nuns
segundos obterá información do intérprete, o título e o álbum. Pode mercar as cancións
identificadas por TrackID™ e pode ver os éxitos de TrackID™ para comprobar que o
que buscan os usuarios de TrackID™ de todo o mundo. Para obter os mellores
resultados, use TrackID™ nunha zona silenciosa.
1
Crear un perfil en TrackID™ en liña
2
Ver éxitos de música actuais
3
Ver opcións de TrackID™
4
Ver o historial das súas buscas anteriores
5
Identificar a música que está a escoitar
Non todas as redes e/ou fornecedores de servizos de todas as áreas admiten a aplicación
TrackID™ e o servizo TrackID™, nin se admiten en todos os países nin en todas as rexións.
Para identificar música usando a tecnoloxía TrackID™
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
TrackID™, a continuación manteña o dispositivo preto da fonte
de música.
3
Pulse . Se o servizo TrackID™ recoñece a canción os resultados aparecerán na
pantalla.
Para volver á pantalla de inicio de
TrackID™, pulse .
85
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para ver a información do intérprete dunha canción
1
Despois de que a aplicación
TrackID™ recoñeza a canción, o resultado
amosarase na pantalla de inicio de TrackID™.
2
Desprácese ata o resultado que desexe ver e púlseo para abrilo.
Para eliminar unha canción do historial de pistas
1
Abra a aplicación
TrackID™ e logo navegue ata a canción que desexe eliminar.
2
Toque e manteña a pantalla para que apareza .
3
Pulse .
86
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.